mércores, 20 de xullo de 2016

Viaxe fin de curso

Todos os alumnos do club de lectura despediron o curso cunha excursión a Santiago de Compostela para visitar a Biblioteca América e ver in situ onde transcorre a obra Corazón de chocolate de Santiago Jaureguizar.




luns, 25 de abril de 2016

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA

Os clubs de lectura dos centros educativos galegos premian a obra de Ledicia Costas. Con este galardón recoñécese a Ledicia Costas como a autora máis lida este curso nos clubs de lectura de ámbito educativo en Galicia.


sábado, 23 de abril de 2016

Dedicatoria de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar, autor de Corazón de chocolate, enviounos un exemplar deste libro xunto cunha dedicatoria para o club de lectura Os Labartiños.


DÍA DO LIBRO

Os clubs de lectura do IES Maximino Romero de Lema desexan un feliz Día do Libro.


Club de lectura 3º ESO

Novo libro de lectura para Os Toxiños.